Arrinca unha nova edición do Mercado de Nadal de Muimenta

TerraChaXa | LugoXa
A XII edición do Mercado de Nadal xa está en marcha dende o pasado mércores 9 de decembro para rematar o martes 5 de xaneiro do 2021 (Día da Cabalgata de Reis) coa participación de 29 negocios.
alzheimer
15 Dec 2020

A XII edición do Mercado de Nadal xa está en marcha dende o pasado mércores 9 de decembro para rematar o martes 5 de xaneiro do 2021 (Día da Cabalgata de Reis) coa participación de 29 negocios. Trátase dunha actividade que se repite todos os anos e que forma marte das concretadas na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da vila.

Os premios a repartir serán vales de 100,00 euros cada un deles aos donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis que se celebra o 6 de xaneiro. Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.

Este ano serán 29 os negocios a prticipar polo que a contía dos premios é maior, xa que se repartirán un total de 18.000 rifas entre os clientes, o que pode significar gañar ata 1.800 euros.

Os negocios participantes son Asador O Cabuxo, Asesoría Suliña, Bar Alvariño, Café Bar A Praza, Calzados Iglesias, Desexos, Discoteca Hermo, Dulcería Anllo, Estación de Servicio Lagas, Estanco José Raúl Rodríguez Vázquez, Farmacia Saleta Crecente, Ferretería Muimenta, Fisioterapia Nancy Maseda, Frutería Novo, Mercedes Abelleira Riveiro, Mercería Teresa García, Óptica Filo, Panadería Hermo, Perruquería Ofelia, Perruquería Raquel, Perruquería Velica, Piensos Germán Naval Lage, Super Setti, Supermercado A Tenda, Supermercado A Tenda de Teo, Talleres Álvaro Engroba, Talleres Morán, Taxi Dolores Darriba Lamela e Veterinario José Pena Peteiro.

Neste ano, manténse o período para que os gañadores dos vales se den a coñecer aos membros da Xunta Directiva ou do negocio que lle entregou dita papeleta, para facer entrega do vale do premio. Teñén que informar antes de que remate o mércores 15 de xaneiro. Igualmente, non será válido que se gaste o valor do premio antes da entrega do vale.

A iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.

"Hoxe máis ca nunca, o colectivo empresarial de Muimenta quere animar a toda a xente a consumir nos negocios e locais da vila, xa que esta situación que estamos a atravesar, fai precisar, máis que nunca a colaboración de todos, xa que, os nosos veciños e amigos precisan de nós, e nós deles", explican.

0.15741801261902