Arroxo apoia nas súas reivindicacións aos veciños de Coeses concentrados á entrada do Pleno

LugoXa
Aprobada por unanimidade a iniciativa do BNG para que Correos abra unha oficina na nova nave das Gándaras
concentracion-planta-biometano-coeses-concentracion
28 Nov 2024

O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou ante as veciñas e veciños de Coeses concentrados diante do Concello que o BNG seguirá a traballar "para parar o proxecto de planta de biometano sen que cause problemas a ningún veciño de Lugo". O BNG defendeu que a mellor opción é paralizar este proxecto, e criticou que o Partido Popular defenda hoxe un traslado de localización da planta, "isto sería quitar o problema dunha zona para crearllo a outros veciños", afirmou Arroxo.

O BNG defende que a Xunta debe retirar a clasificación de iniciativa empresarial prioritaria á planta de biometanización de proxectada en Coeses. Arroxo explicou que esta declaración permite "reducir á metade os trámites administrativos necesarios para a construción desta planta, trámites como a Avaliación de Impacto Ambiental faranse pola vía rápida se a Xunta mantén esta declaración", e engadiu "isto fíxose aínda cun proxecto que recoñece que emitirá cheiros e gases contaminantes á veciñanza da contorna".

A empresa recoñece no seu proxecto para a construción da planta que emitirá cheiros e gases contaminantes e a vertedura de 76,7 m³ de augas residuais ao regato de Vilalbite con posterior desprazamento ao río Miño. O tratamento destas augas foi considerado ineficiente por parte da CHMS, o que fixo que este proxecto fose informado desfavorablemente dado que este regato conta con pouco caudal de auga, especialmente nos meses estivais.

CORREOS

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposición do BNG para reclamar a Correos que abra unha oficina de atención ao público no novo Centro Loxístico aberto no Parque Empresarial das Gándaras. O portavoz do BNG no Concello, Rubén Arroxo, explicou que o BNG recolle "a proposta que xa foi trasladada en múltiples ocasións pola CIG-Correos á empresa pública, e que permitiría mellorar a calidade dun servizo público como o postal".

O novo centro de Correos, que conta cunha superficie de 3.250 metros cadrados, leva en funcionamento desde o pasado 21 de outubro concentrando a todas as unidades de reparto da empresa pública para a cidade de Lugo, incluíndo ás unidades de reparto da zona rural, paquetería de gran tamaño e notificacións.

Non contar cunha oficina de Atención ao Público mingua a calidade do servizo prestado por Correos, ao contar os parques empresariais do Ceao e As Gándaras con centos de traballadores e empresas que poderían recibir atención nesta localización, aumentando potencialmente a carteira de clientes de Correos, sendo moitas as empresas de ambos os parques empresariais as que traballan con esta empresa.

0.17380094528198