Arroxo e Penas destacan o labor de Tambukda en favor da actividade cultural

LugoXa
Os dous responsables do Goberno da cidade visitaran as instalacións do colectivo
tambukda
20 Dec 2025

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron as instalacións da Tambukda, unha agrupación que leva anos desenvolvendo un traballo destacado no ámbito musical e cultural da cidade.

Arroxo destacou “a importante colaboración da Tambukda coa actividade cultural de Lugo, formando parte das propostas de animación na rúa ao longo do ano”, e destacou que "agrupacións coma esta son un exemplo do importante tecido asociativo que temos en Lugo e que apoiamos desde a Tenencia de Alcaldía”.

"Tambukada é un grupo aberto a toda persoa interesada en aprender batucada. Para isto, contan con varios niveis de formación, desde a iniciación, onde se pode entrar sen ter coñecementos musicais previos. No grupo avanzado trabállanse os bloques e coreografías que o grupo amosa nas exhibicións", dixo.

⚙ Configurar cookies
0.080012083053589