Arte e Parte organiza un encontro literario con Ticiana Ghiglione Darriba o 21 de novembro

LugoXa
A cita, que terá lugar ás 19.30 horas, propón unha tarde de literatura, conversa e xogo para combater todas as enerxías negativas
espazo-cultural-Arte-e-Parte-de-Luz-Darriba-Lugo
19 Nov 2026

Arte e Parte acollerá o vindeiro 21 de novembro, ás 19.30 horas, un encontro coa autora Ticiana Ghiglione Darriba (Cha), nunha proposta que combina literatura, conversa e xogo baixo o lema «Un encontro de literatura e xogo contra todas as enerxías negativas».

A iniciativa convida as persoas asistentes a compartir unha merenda e unha conversa arredor de dous libros ben interesantes: Non apartes a mirada do espello e Dina Mita, El despertar de la ironía.

Será unha oportunidade para achegarse ao universo literario da autora, falar das súas obras, intercambiar impresións e gozar dun espazo de encontro arredor dos libros, nun ambiente distendido e participativo.

Unha invitación aberta a todas as persoas que queiran compartir literatura, reflexións e un bo anaco de conversa.

0.34649682044983