Artur Alonso presenta na Librería Trama o seu novo libro
A librería Trama de Lugo acolle este venres, 16 de xuño, ás 19.00 horas, a presentación do libro Y a pesar de todo, ellas cantan, de Artur Alonso.
Descubrimos o cheiro a muller como nai (ten o sabor da lactación); a súa fragrancia despois como irmá, amante, esposa, compañeira e filla... Todas elas son como aspectos, dun significado maior, que moitas veces, á nosa imaxinación escapa. Con todo parece estar moi presente na memoria colectiva de nosa máis humilde xente; que por medio dos seus bailes, coplas, cancións, lémbrannos: elas foron, son, serán o útero da nosa esperanza. Pois elas dan a calor, o amor, a tenrura necesaria á futura vida, que, cando han decido aceptar o reto de ser nais, no seu corpo durante meses resgárdase (legando, depositando, neste proceso, toda a súa precaria confianza). Nós somos complemento, semente do porvir.