As actividades de verán en Burela foron un éxito e o Concello planifica repetilas en 2020

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, fai un balance moi positivo das actividades organizadas para os máis pequenos na segunda quincena de agosto.
TCX_190_OUTUBRO_2019_portada
4 Sep 2019

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, fai un balance moi positivo das actividades organizadas para os máis pequenos na segunda quincena de agosto. O edil subliñou que arredor de 80 rapaces e rapazas participaron en cada unha delas, no wipe up, no fútbol 3x3, na festa da auga e no láser combat. Fernández Rey asegurou que coa resposta que tiveron en vindeiros anos desde o Concello volverán apostar por accións deste tipo.

O concelleiro burelés dixo que “dende o Concello de Burela, como concelleiro de Deportes, quero facer unha valoración moi positiva sobre as actividades que viñemos programando durante esta segunda quincena do mes de agosto, sobre todo dirixidas a nenos e nenas”.

Ramiro Fernández salientou que “tiveron unha aceptación enorme, estamos falando de que cada actividade contou cunha media de 80 rapaces que participaron nas mesmas. Tivemos a actividade de wipe up, o 3x3 de fútbol, a festa da auga, que era para conmemorar o final das escolas deportivas de verán, e este último fin de semana que fixemos o láser combat. A valoración é moi positiva. Tivemos moitísima participación, os nenos quedaron contentos e os papás tamén”.

 O edil de Deportes manifestou que “é unha actividade que impulsamos este ano para complementar un pouco todas as actividades que tíñamos dentro de Turismo e Deportes neste verán aquí en Burela. Como digo a experiencia foi positiva e penso que seguramente para os próximos anos seguiremos con este tipo de actividades para darlles aos nenos esa alternativa á praia e a outras cousas”.

Fernández Rey quixo “agradecer a colaboración de Activity Center-IG10 que estiveron colaborando con nosoutros e intentaremos nos próximos veráns siga habendo este tipo de actividades impulsadas desde o Concello de Burela”.                                                                                


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18350982666016