As actividades Reserva da Biosfera chegan nos meses de maio e xuño
Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá acollen ata finais de xuño do 2021 actividades Reserva da Biosfera. O pasado fin de semana, Cervantes acolleu un curso de apicultura e loita contra a velutina e, no día de hoxe, 25 de maio, xunto co día 26 de maio e o 1 de xuño celebrará no edificio de servizos múltiples unha formación gandeira rexenerativa.
En canto a Navia de Suarna, realizarase un obradoiro de repostaría con produtos locais o videiro 30 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas. O lugar elexido para levar a cabo a actividade é o colexio Daniel Monge. Por causa das limitacións sanitarias, o aforo é limitado polo que para calquer dúbida ou para inscribirse é necesario chamar ao teléfono 659 991 400.
Pola súa beira, Becerreá contará cun campamento de natureza e reciclaxe que se levará a cabo os días 23, 25, 28, 29 e 30 de xuño de 10:00 a 14:00 horas no centro social. Así mesmo, tamén se celebrará no mesmo lugar un obradoiro de repostaría con produtos locais. A data na que se fará o evento será o 28 de xuño de 16:00 a 20:00 horas. O aforo é limitado polo que para realizar as inscricións ou para máis información pódese contactar co teléfono 982 360 704.