As agrupacións deportivas da Mariña reúnense o 21 en Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A agrupación deportiva A Mariña muda a data na que convocara a todas as entidades deportivas á reunión na área da Mariña.
16 Out 2019

A agrupación deportiva A Mariña muda a data na que convocara a todas as entidades deportivas á reunión na área da Mariña. Ía ter lugar o mércores 16, no Colexio O Pilar de Foz, pero como este día está convocada unha manifestación por Alcoa, a entidade pospuxo para o 21 de outubro a xuntanza ás 20 horas na mesma escola.

O colectivo lembra a xuntanza recente entre os representantes das agrupacións deportivas de zona de toda a provincia encargadas de organizar e coordinar o Deporte en Idade Escolar co responsable do Servicio Provincial de Deportes de Lugo, na que acordaron abrir o período de inscrición de todas as entidades deportivas en idade escolar ata o luns 14 (Inscrición para confirmar equipos logo na reunión).

Tamén acordaran convocar a todas as entidades deportivas á reunión da Agrupación de Zona de A Mariña que terá lugar no Colexio O Pilar de Foz.

Nesa xuntanza abordaranse os seguintes puntos da orde do día: Dar conta de entidades inscritas en Competición Deportiva en Idade Escolar, a confirmación definitiva de equipos e a proposta de competición con datas para fútbol sala, baloncesto, campo a través, atletismo, bádminton, patinaxe, orientación, tenis de mesa e xadrez.

Nesa xornada tamén se conformarán os grupos, estableceranse os condicionamentos dos clubs para a competición, planificarase a Copa 2019/2020 de fútbol sala e baloncesto, os provinciais de Fútbol Sala e Baloncesto e abrirase un turno de rogos e preguntas.

 Tamén se van entregar os trofeos de fútbol sala e baloncesto da tempada recén concluida, estando presente un representante do clube e entregarase material deportivo, como balóns de fútbol sala, baloncesto e redes portabalóns.

0.14023399353027