As Carballeiras organiza en Fingoi unha charla sobre a importancia do deporte para a saúde

A Asociación Veciñal As Carballeiras organizará o vindeiro 1 de decembro unha charla-conversa sobre a actividade física e a saúde, na que se abordará a importancia de practicar deporte en todas as idades.
A sesión terá lugar ás 20:00 horas no Centro Social de Fingoi e será impartida por Jaime López Rego, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
A iniciativa busca poñer o foco nos beneficios da actividade física e no papel que desempeña o exercicio ao longo das distintas etapas da vida.