As entradas para os concertos do novo Auditorio xeran colas de centos de persoas

LugoXa
Veciños e veciñas de Lugo denuncian que o Edificio de Novas Tecnoloxías pechouse antes das 11.30 horas, deixando moitas persoas sen entradas
cola-para-entradas-concertos-auditorio-novo-Lugo
2 Dec 2024

Desde as 08.00 horas desta mañá de luns, 2 de decembro, comezaron a chegar veciños e veciñas de Lugo ás rúas do centro para facer cola e mercar as entradas para os concertos de Nadal que inaugurarán o novo Auditorio municipal de Lugo.

As entradas, que se entregan de maneira gratuíta desde o Concello de Lugo, comezaron a repartirse ás 10.00 horas e aínda chega a cola ata a praza de Santo Domingo, xerando queixas entre a veciñanza, xa que se reparten catro entradas por persoa e algúns xa din que “non van chegar para todos”.

O Edificio de Novas Tecnoloxías, que debía estar aberto para conseguir entradas ata as 14.00 horas; foi pechado antes das 11.30 horas, algo que foi moi criticado entre a veciñanza, xa que moitos que levaban horas facendo cola, quedaron sen entrada. Así, volverá abrir en quenda de tarde a partir das 16.00 e está previsto entregarse tamén na conserxería da Casa do Concello.

Os concertos previstos no novo Auditorio, que aínda está pendente de ter un nome, serán o de Ainhoa Arteta o venres, 20 de decembro, ás 20.00 horas, e o domingo, 22 de decembro, ás 19.00 horas; e o da Orquestra Terra Nova, que será o sábado, 21 de decembro, ás 19.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.85575103759766