As Espigadoras de Portomarín pon en marcha un obradoiro de cestaría e chi kung

LugoXa
A asociación As Espigadoras de Portomarín pon en marcha un novo obradoiro en Caborrecelle.
as_espigadoras_portomarin
as_espigadoras_portomarin
10 Abr 2024

A asociación As Espigadoras de Portomarín pon en marcha un novo obradoiro en Caborrecelle. O sábado 13 de abril organizan un curso de cestaría e chi kung en creación colectiva con Lola Tourón e Mónica Gago. A actividade, que ten un custo de 45 euros, impartirase de 11.00 a 19.30 horas.

Os interesados en participar poden confirmar a súa asistencia a través do correo asespigadoras@gmail.com ou do 659 286 528. As Espigadoras é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende apoiar e difundir a artesanía, os saberes tradicionais e os coñecementos sobre a terra, as plantas e os seus usos, vinculados ao medio rural galego, pola custodia do territorio e cun enfoque de xénero.

0.19174122810364