As festas de Coté, en Friol, honrarán ao Sagrado Corazón de Xesús cunha fin de semana de celebración

LugoXa | TerraChaXa
A partir das 23.30 horas dará comezo a festa e verbena, que contará de novo coa actuación da orquestra Tokio
Fogos artificiais
20 Jun 2026

A parroquia de Cotá celebra a fin de semana as súas festas na honra do Sagrado Corazón de Xesús cun programa que combinará actos relixiosos, música e verbena.

A programación comeza hoxe, sábado, ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Tokio. Xa pola noite, ás 22.00 horas, haberá liscos de balde no bar da festa para as persoas asistentes.

A partir das 23.30 horas dará comezo a festa e verbena, que contará de novo coa actuación da orquestra Tokio, encargada de poñer a música a unha das noites grandes das celebracións.

As actividades continuarán o domingo. A xornada arrancará ás 13.30 horas cunha misa solemne e a correspondente procesión. A continuación celebrarase a sesión vermú, que nesta ocasión estará amenizada polo dúo Son de Festa.

 

0.12642097473145