As festas de Ribeira de Piquín celebraranse esta fin de semana

Ribeira de Piquín acolle esta fin de semana os seus festexos con diversas actividades para desfrutar. O venres 29 de xullo terá lugar os cantos de taberna a cargo do grupo Os d'aqui que se poderán desfrutar dende as 20:00 nos bares da localidade.
O sábado 30 as celebraións iniciaranse coa actuación do grupo Eureka na sesión vermú e continuará coa comida a cargo de Pulpeiro na área recreativa. O sábado pola tarde será tempo dos nenos con actividades fluviais gratuitas no Chao do Pousadoiro entre as que poderán desfrutar de kaiaks, paddle surf, tobogáns e rocódromo acuático. Pola noite, no mesmo lugar, churrascada gratis dende as 22:30 e verbena a cargo da orquestra Cinema e do grupo Eureka.