As festas do barrio da Milagrosa celebraranse os vindeiros 5, 6 e 7 de setembro

LugoXa
Arias lembrou o importante apoio prestado xa o ano pasado pola Administración autonómica para a contratación de actuacións musicais no marco das festas
a-milagrosa-festas
16 May 2025

Os membros da comisión organizadora das festas do barrio da Milagrosa avanzan a data na que se celebrarán os festexos este ano, do 5 ao 7 de setembro.

Nunha reunión co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias lembrou o importante apoio prestado xa o ano pasado pola Administración autonómica para a contratación de actuacións musicais no marco das festas deste barrio lucense, unha colaboración que os organizadores consideraron fundamental.

O delegado territorial destacou o impulso da Xunta a numerosos eventos na cidade de Lugo, “non só a grandes citas como é o Caudal Fest, senón tamén ás festas dos barrios e das parroquias do rural, contribuíndo a dinamizalos e a manter vivas as nosas tradicións”.

⚙ Configurar cookies
0.16734004020691