As Gándaras acolle hoxe un obradoiro
O primeiro obradoiro sobre valores medioambientais e sociais, As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco organizado polo Concello de Lugo e dirixido ao público infantil queda adiado ao día de hoxe ante a previsión de mal tempo.
O evento dirixido ao público infantil, no cal se inclúe un contacontos e unha visita ao bosque urbano mentres se difunden valores medioambientais e sociais relativos ao monte e ao seu coidado pasará a realizarse o domingo 8 de agosto na quenda da mañá, a partir das 11 horas e, na quenda da tarde, ás 18 horas.
Dentro do marco da colaboración do LIFE Lugo+Biodinámico con FEARMAGA (Federación empresarial de aserraderos y rematantes de madera de Galicia), o vindeiro día 8 de agosto celebrarase este primeiro obradoiro. As nenas e nenos que participen recibirán, así mesmo, un exemplar do conto As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco e material didáctico do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.