As Gándaras celebrará as súas festas patronais do 18 ao 22 de marzo con cinco días de música

O barrio lucense de As Gándaras vivirá do 18 ao 22 de marzo de 2026 cinco intensas xornadas festivas en honor a San José, cunha programación variada que incluirá música en directo, actividades tradicionais, propostas para o público infantil e encontros veciñais, converténdose nun punto de encontro para veciños e visitantes.
As festas arrancarán o mércores 18 de marzo cunha verbena nocturna a partir das 22:00 horas, que correrá a cargo da orquestra París de Noia, acompañada pola animación dun DJ, dando así o disparo de saída ás celebracións.
O xoves 19 de marzo, día de San José, a programación comezará ás 11:00 horas cun pasarrúas de música tradicional polo barrio. Ás 14:00 horas terá lugar a sesión vermú coa actuación do Dúo Venus, mentres que a xornada festiva pecharase ás 21:00 horas cunha verbena protagonizada pola orquestra Los Satélites.
O venres 20 de marzo estará marcado polas actividades de carácter social e veciñal. Ás 17:00 horas o grupo Aixaromay ofrecerá unha actuación na residencia de maiores, e xa pola noite, a partir das 21:00 horas, celebrarase unha churrascada veciñal con actuación musical, para a que será necesario conservar o xustificante de colaboración para o seu canxe.
O sábado 21 de marzo combinará propostas para todos os públicos ao longo de toda a xornada. Ás 14:00 horas celebrarase unha sesión vermú con actuación musical, seguida ás 17:00 horas dunha festa infantil a cargo de Total Sport, que incluirá unha merenda para os nenos e nenas. A xornada concluíra ás 22:00 horas cunha verbena nocturna animada pola orquestra Marbella.
As festas de As Gándaras despediránse o domingo 22 de marzo cunha xornada final que comezará ás 11:00 horas cun novo pasarrúas de música tradicional. Ás 14:00 horas celebrarase a terceira sesión vermú Non Stop, a cargo de Escaparate e os DJ’s Patakiña, Dmiron e Cosme Yepes, con servizo de comidas no campo da festa ofrecido por Mambis e Moreno. O fin de festa está previsto para as 22:30 horas, poñendo peche a cinco días de celebración no barrio.