As Gándaras retoma a súa celebración na honra de San Xosé
Tras dous anos de parón debido á Covid 19, o 2022 está a ter un marcado sentido á volta da normalidade. Isto reflíctese na cantidade de festas que se están a recuperar. Este tipo de celebracións volven as súas datas orixinais mantendo medidas de seguridade.
As festas na honra a San Xosé terán lugar os días 18, 19 e 20 no campo da festa das Gándaras en Lugo.
O día 18 os lucenses poderán desfrutar da verbena co Dj Manu Chady que continuará coa orquestra París de Noia. O sábado 19, haberá ás 13.00 horas unha misa solemne na honra de San Xosé e posteriormente ás 14.00 horas será a sesión vermú amenizada pola orquestra Stereo. Á noite, sumarase á agrupación do mediodía o grupo Solara. Por último, o día 20 ás 13.00 horas haberá outra misa solemnte, ás 14.00 a sesión vermú, nesta ocasión a cargo do grupo ritmo e, ás 17.00 horas será a quenda dos máis pequenos que contarán cunha festa infantil con Total Sport.
Dende a organización advirten de que se cumprirán as medidas anticovid.