As ligas de básket rematan sen campións e sen ascensos

TerraChaXa | LugoXa
A Federación Galega de Baloncesto deu por concluída a tempada 2019 - 2020.
310118 Biblioteca Riotorto
19 Xuño 2020

A Federación Galega de Baloncesto deu por concluída a tempada 2019 - 2020. Así o comunicou trala súa Asemblea Xeral na que tiveron voto todos os representantes.

En concreto, a opción máis votada, elixida por máis da metade dos votantes; foi a de non continuar coa competición, pechando as ligas sen palmarés de campións nin descensos e, no caso daquelas que tivesen establecidos ascensos, disputar fases clasificatorias no futuro, en forma e data a determinar.

Dende este mesmo intre, a FGB continúa traballando a través da súa Xunta Directiva e Comisión Delegada no estudo das bases de competición da vindeira tempada e das medidas necesarias a tomar para protexer ao Baloncesto Galego e ao seus clubs ante o novo escenario sanitario, deportivo e estrutural que deben afrontar.

migallas2
0.20198011398315