As negociacións en Alcoa entran na última semana de prazo

TerraChaXa | LugoXa
Tralas diferentes reunións celebradas nestas últimas semanas da mesa multilateral con participación do Goberno, Xunta, Alcoa, Liberty House e os sindicatos, as posturas entre ambas empresas seguen case igual de distantes.
21 sep 2020

Tralas diferentes reunións celebradas nestas últimas semanas da mesa multilateral con participación do Goberno, Xunta, Alcoa, Liberty House e os sindicatos, as posturas entre ambas empresas seguen case igual de distantes.

En diferentes ocasión, os representantes da Xunta, Goberno e sindicatos pediron a necesidade de concretar canto antes un prezo eléctrico competitivo e que se axilicen as negociacións, e o pasado día 18 de setembro Xunta e Goberno central fixeron unha proposta de mediación, segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, "é moi factible e moi boa tanto para Alcoa como para Liberty. Ademais Liberty lle fixo outra”.

Segundo informacións anteriores un dos principais puntos de desencontro é a duración do contrato para o subministro de alúmina, no que Alcoa ofrece un por 5 anos e Liberty pide 20 anos.

O domingo 27 rematada o prazo que se concederon Alcoa e Liberty para acadar un acordo para a venda da fábrica de aluminio do que depende o futuro dos 534 traballadores afectados polo ERE e os arredor de 400 de auxiliares.

Seguramente será unha semana na que os traballadores seguirán mobilizándose a favor dunha prota e áxil solución.

0.2000048160553