As Nogais acolle a III Ruada 1900

LugoXa
A III Ruada 1900 chega o Concello de As Nogais o próximo sábado 3 de setembro con música, obradoiros e representación de costumes
Ruada 1900 portada_
Ruada 1900 portada_
21 Ago 2022

A III Ruada 1900 chega ó Concello de As Nogais o próximo sábado 3 de setembro. Pola mañá, ás 11.00, haberá un roteiro cultural para o que será necesario inscrición.

A programación da tarde comeza ás 16.00 con música pola rúa para continuar ás 16.30 coa apertura do mercado 1900 e a chegada da veciñanza de lavandeiras, segadoras, fiandeiras ou comerciantes.

O longo da tarde, ata ás 20.30, haberá tarde de feira e ruada con música, baile, representacións de costumes, fotografías de época, xogos populares e diferentes obradoiros.

A apertura da cociña no Mesón Ponte Naviae terá lugar ás 20.30 con empanada, chourizo, touciño e viño para continuar ás 22.30 con un baile das sortes para as mozas e mozos. Ás 00.00 para rematar haberña foliada aberta.

WhatsApp Image 2022 08 19 at 9.49.22 AM
0.24824404716492