As Nogais celebra mañá o seu magosto
LugoXa
O concello das Nogais celebra mañá martes 1 de novembro o seu magosto con música e baile acompañado de castañas, chourizos e touxiño

31 Oct 2022
O concello das Nogais celebra mañá martes 1 de novembro o seu magosto.
A celebración dará comezo ás 18.00 cunha presentación da 4º e 5º entrega do cómic La espada de San Eufrasio. A presentación terá lugar no Salón de Plenos do Concello con firma de exemplares a cargo do autor Miguel Fernández.
Ás 19.00 na praza do Concello haberá música e baile acompañado de castañas, chourizos e touciño.
