As obras da nova canceira de Foz están a piques de rematar
As obras da nova canceira de Foz están a piques de rematar, así o dixo o alcalde Fran Cajoto.
O rexedor, que marcou o prazo tras visitar os terreos en agosto, amosou os traballo da construción da instalación, en Vilaronte.
A construción da canceira, ten capacidade para corenta animais, e contará cunha planta de 285 metros cadrados. A edificación é unha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas augas.
Disporá de zona de espera, oficina, aseo con ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. Ademais, contará cunha zona exterior para os animais onde se situará tamén un almacén de alimentos.
As obras, adxudicadas a Construcciones Naray, estanse a levar a cabo con fondos da Deputacion de 90.200 euros e 38.000 do Concello de Foz.
O popular Javier Castiñeira, agradeceu o apoio da Deputación e subliñou que se trata “dunha obra moi demandada pola protectora de animais”.