As obras de acondicionamento da pasarela do Mera darán comezo esta semana
A obra de acondicionamento da pasarela do río Mera, financiada pola Consellería do Medio Rural a través dun convenio de colaboración coa comunidade de montes de San Miguel de Orbazai, comenzará nos vindeiros días.
Está previsto que os traballos den comezo ao longo desta semana e o Goberno galego achega un total de 30.800 euros para executalos.
A actuación servirá para reparar e renovar esta estrutura, tanto a pasarela de madeira como as escaleiras. En total intervirase nuns 107 metros de lonxitude que están dentro dos límites das parcelas da comunidade de montes.
O delegado territorial afirmou que a Xunta apoia así “unha mellora moi demandada pola veciñanza” que permitirá “transitar por esta zona con seguridade “ e potenciar “unha contorna con gran valor natural e paisaxístico no concello de Lugo”.