As obras de acondicionamento da pasarela do Mera darán comezo esta semana

LugoXa
As obras de acondicionamento da pasarela do río Mera darán comezo esta semana cun orzamento de 30.800 euros para executalas
Paseo mera reparacion
27 Mar 2023

A obra de acondicionamento da pasarela do río Mera, financiada pola Consellería do Medio Rural a través dun convenio de colaboración coa comunidade de montes de San Miguel de Orbazai, comenzará nos vindeiros días.

Está previsto que os traballos den comezo ao longo desta semana e o Goberno galego achega un total de 30.800 euros para executalos.

A actuación servirá para reparar e renovar esta estrutura, tanto a pasarela de madeira como as escaleiras. En total intervirase nuns 107 metros de lonxitude que están dentro dos límites das parcelas da comunidade de montes.

O delegado territorial afirmou que a Xunta apoia así  “unha mellora moi demandada pola veciñanza” que permitirá “transitar por esta zona con seguridade “ e potenciar “unha contorna con gran valor natural e paisaxístico no concello de Lugo”.

0.17328500747681