As obras na cuberta do Pazo comenzarán a próxima semana

LugoXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo actuará a vindeira semana na cuberta do Pazo dos Deportes co obxectivo de paliar as filtracións que se producen con episodios de chuvias fortes.
Anexo pazo deportes
Anexo pazo deportes
23 sep 2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo actuará a vindeira semana na cuberta do Pazo dos Deportes co obxectivo de paliar as filtracións que se producen con episodios de chuvias fortes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro avanzou “que o vindeiro luns se intervirá nos puntos da cuberta máis debilitados, recubríndoos cunha lámina asfáltica autoprotexida para evitar que a choiva se filtre nos empates das chapas que forman a cuberta”

Efrén Castro sinalou que “se trata dunha solución parcial para tratar de atallar os problemas máis urxentes da cuberta das instalacións nas que, lembrou, se está actuando en varios ámbitos, coa renovación completa da iluminación, que culminamos a finais da tempada pasada, e a instalación de 2.000 novos asentos nas bancadas inferiores, que se realizará nas vindeiras semanas”.

O deputado de Deportes lembrou que “seguimos avanzando na mellora e modernización do Pazo, con intervencións que temos que facer compatibles, a nivel orzamentario, co apoio económico aos todos os clubs da provincia, e especialmente ao deporte base”.

Recepción de material para a renovación do Anexo

Tal e como se trasladou o pasado luns aos clubs de baloncesto base que empregan as instalacións do Anexo, ao longo desta semana recibíronse materiais para a instalación do pavimento nas pistas, un parqué que conta coa máxima certificación da FIBA. O prazo estimado para a realización dos traballos de montaxe é de cinco semanas.

0.2038471698761