As oito activistas detidas no Corgo durante La Vuelta continúan investigadas

GaliciaXa | LugoXa
Lugo por Palestina informa de que seguen abertas as dilixencias por desordes públicas e perigo para a seguridade viaria, mentres unha das persoas afronta tamén unha investigación por lesións
lugo-por-palestina-protesta-xulgado-13-detidos-volta-ciclista
21 Aug 2026

As oito activistas de Lugo detidas no Corgo durante as protestas contra a participación do equipo Israel-Premier Tech en La Vuelta Ciclista a España continúan investigadas dentro do procedemento xudicial aberto a raíz daqueles feitos, segundo a última actualización difundida por Lugo por Palestina.

As persoas implicadas están sendo investigadas por supostos delitos de desordes públicas e perigo contra a seguridade viaria, mentres que unha delas afronta, ademais, unha investigación por un presunto delito de lesións.

Segundo explica o colectivo, as oito xa prestaron declaración durante a fase de instrución, na que se trata de esclarecer o sucedido e determinar se existen indicios suficientes para que o procedemento continúe ata a celebración dun xuízo.

A situación xudicial afecta tamén ás dúas persoas detidas aquela mesma xornada en Monforte de Lemos. Neste caso, están acusadas de desobediencia e resistencia grave e permanecen á espera de seren citadas para declarar durante a instrución.

Paralelamente á vía penal, as persoas participantes nas protestas, ás que o colectivo se refire como "As 13 de Lugo", recibiron sancións administrativas ao abeiro da normativa contra a violencia no deporte. As multas oscilan entre os 300 e os 900 euros, aínda que, segundo Lugo por Palestina, a súa execución permanece cautelarmente suspendida debido á existencia dun procedemento penal polos mesmos feitos.

O colectivo enmarca a situación de Lugo nun escenario máis amplo de causas abertas noutros puntos de España polas mobilizacións desenvolvidas durante La Vuelta. Entre elas cita o procedemento de Valladolid, onde, segundo a información difundida pola plataforma, a Fiscalía solicita penas de prisión para catro activistas por presuntos delitos relacionados coas protestas e, no caso de dúas delas, tamén por resistencia á autoridade.

Lugo por Palestina mantén, pese aos procedementos xudiciais e administrativos abertos, a súa valoración positiva das mobilizacións que se sucederon durante a competición ciclista. O colectivo lembra especialmente as protestas desenvolvidas en diferentes etapas, entre elas as de Mos e Madrid, e reivindica o impacto que tiveron as accións de apoio á poboación palestina.

A plataforma asegura que continuará facendo pública a evolución dos procedementos e informando das novidad

0.1255419254303