'Ás para Álex' hoxe, domingo 16, no Gustavo Freire

LugoXa
El espectáculo de Baobab Teatro "Ás para Álex" tendrá lugar hoy domingo 16 de enero en el Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
baobab teatro as para alex
16 Xan 2022

Hoxe, domingo 16 de xaneiro o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá a obra Ás para Álex de Baobab Teatro. Un espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenos a partir de 5 anos.

A obra dará comezo ás 18.30 horas e terá unha duración de 45 minutos. As entradas teñen un custe de 3 euros e poden adquirirse https://www.entradaslugo.es/evento/familiar/as-para-alex

SINOPSE
Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque..., a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol. Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - por qué a min?, por qué non podo xogar? Por qué, por qué e por qué?...., está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.

BAOBAB TEATRO
É unha unha compañía de teatro que aposta polo teatro infantil de calidade. Traballan cun compromiso claro coa infancia e por iso cada proxecto é un novo reto que afrontan con ilusión e moito cariño coidando desde o principio ata o máis mínimo detalle. Apostan por espectáculos para emocionar, cargados dunha forte poética e sinxeleza.

Está formado por Óscar Ferreira que conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques e escenografías. Ten participado en diferentes espectáculos teatrais como: “Que medo, que medo”, “Golulá” , “Babiliglub”… así como programas de T.V: Luar, Nika, Cousiñas, Os Bolechas… E Andrea Bayer que conta cunha carreira longa e dilatada. Dirixiu e interpretou espectáculos como “Golulá” (Premio ao mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, Premio ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Rivadavia, Espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008), Babiliglub (Participou en Fetén 2008), Rosalía, a pulga que escribía... No 2012 acadou unha Mención de Honor no III Concurso Internacional “Cuento en corto” organizado pola Red Internacional de Cuentacuentos y la Escuela de Escritores de Madrid

0.1893789768219