As piscinas municipais de Mondoñedo volverán abrir o 1 de xullo
O vindeiro día 1 de xullo está prevista a reapertura das piscinas municipais do Concello de Mondoñedo, sendo o horario do seu funcionamento de 12 a 20 horas, (aínda así, este ano para facer fronte ás medidas que tomaremos polo Covid-19 empezaranse a realizar tarefas de mantemento a partir das 19 horas ata a hora do peche) e permanecerán abertas ata o 31 agosto, sen prexuízo da posibilidade de modificar tales datas, en función das condicións climatolóxicas.
Poderán ir as oficinas de ABANCA para pagar os abonos para a entrada na instalación. Lembran que dentro do abono familiar entrarán os coniventes da familia que vivan na mesma casa (pais/nais, fillos/ as que dependan dos pais). Terase que presentar na instalación das piscinas tanto o xustificante de pago como os datos dos abonados.
Para facer esta solicitude é necesario presentar os carnets de identidade dos integrantes da familia, no caso de abono familiar, ou ben do solicitante en caso de ser abono individual. Así mesmo será necesario aportar fotografía tamaño carnet de cada socio ou fotocopia da mesma.
As normas que rexerán esta tempada nas instalacións cambiarán polo COVID-19, a instalación terá un aforo total, e unha vez se chegue ao aforo máximo de cada vaso este péchase ata que devandito aforo baixe.
Dentro dos vestiarios será obrigatorio o uso de máscaras, non haberá duchas e vestiarios pequenos para cambiarse, non se poderán deixar cousas dentro da instalación, cada zona dentro da instalación ten un aforo que hai que respectar, na zona de céspede seguiranse as instrucións dos socorristas e da cartelería existente, e na zona de praia (nas baldosas que rodean a piscina) poderase quedar un adulto para vixiar dun menor, considerando esta zona como zona de tránsito.
Os responsables do cumprimento da normativa que rexe o uso da piscina no que refire ao COVID-19, e a seguridade das instalacións serán os socorristas, polo que pedimos máxima colaboración cos mesmos para que a normativa se cumpra.