As prazas de Xove e Viveiro contarán mañá cun acto en apoio aos traballadores de Alcoa
TerraChaXa | LugoXa
O comité de empresa de Alcoa organiza mañá sábado 26 nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro ás 10.
25 Sep 2020
O comité de empresa de Alcoa organiza mañá sábado 26 nas prazas dos concellos de Xove e Viveiro ás 10.00 horas, unhas concentracións en apoio aos traballadores da factoría cervense.
Así, mesmo o domingo27 de setembro haberá unha andaina familiar en Xove que será en horario de 11 a 12 horas e partirá dende a saída da estación de tren ata a praza do Concello.
A organización lembra que manterán as medidas de seguridade en todo momento.