As protestas continúan nas Gándaras para reclamar cambios no proxecto da residencia

LugoXa
Os usuarios e o movemento veciñal manteñen o seu rexeitamento á posible eliminación das habitacións individuais prevista na reforma impulsada pola Xunta
manifestación-usuarios-residencia-As-Gándaras
23 May 2026

Os usuarios da residencia das Gándaras volveron concentrarse unha semana máis diante do complexo para reclamar á Xunta que atenda as súas demandas e modifique o proxecto de remodelación previsto para o centro. A mobilización contou novamente co apoio da Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti, que convocou unha nova protesta en respaldo dos residentes.

A concentración súase ás mobilizacións desenvolvidas nas últimas semanas, marcadas pola preocupación existente entre os usuarios e as súas familias ante a posible desaparición das habitacións individuais contemplada na reforma promovida pola administración autonómica.

Segundo trasladan tanto o colectivo veciñal como os propios residentes, unha parte importante das persoas usuarias do centro non comparte o proxecto actual e considera fundamental conservar os espazos individuais dos que dispoñen na actualidade. Os afectados defenden que este tipo de habitacións ofrecen unha maior intimidade, comodidade e melloran a calidade de vida das persoas maiores que viven na residencia.

0.11696195602417