As rupturas matrimoniais descenden un 6,5 % en Galicia no segundo trimestre do ano

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Os órganos xudiciais galegos tiveron recibiron entre abril e xuño 1.419 demandas de nulidades, separacións e divorcios
matrimonio-anels-divorcio
13 Oct 2024

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no segundo trimestre deste ano foi de 1.419, fronte ás 1.517 que se rexistraron no mesmo período de 2023, o que supón un descenso do 6,5 %. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2024 obsérvase que, por cada 100.000 habitantes, en Galicia contabilizáronse, no período estudado, 52,4 demandas, fronte ás 52,6 de media estatal.

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade descenderon os divorcios consensuados (de 877 a 809, un 7,8 %) e os non consensuados (de 605 a 578, un 4,5 %). Pola súa banda, as separacións consensuadas pasaron de 24, no segundo trimestre de 2023, a 19, no mesmo período deste ano, mentres que das non consensuadas rexistráronse 13, fronte ás 8 do ano anterior. Entre abril e xuño non se contabilizaron peticións de nulidade matrimonial.

No segundo trimestre iniciáronse 191 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 13,2 % menos que nas mesmas datas de 2023. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 544 a 527, un 3,1 % menos.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 313 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 321 do segundo trimestre de 2023, o que supón un descenso do 2,5 %; e 366 demandas de modificación de medidas non consensuadas (396 o ano anterior), o que representa unha baixada interanual do 7,6 %.

0.10825300216675