As Xornadas gastronómicas de Xove contarán coa chef Lucía Freitas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Out 2019

O Concello de Xove organiza para os días 17 e 18 unhas xornadas gastronómicas que contarán coa presenza da prestixiosa cociñeira Lucía Freitas.

Freitas, que conta cunha Estrela Michelín no seu restaurante A Tafona de Santiago de Compostela, será un dos atractivos da segunda edición das Xornadas Gastronómicas e o Tapeo do Mar, que se celebrarán os días 17 e 18 de outubro.

O evento celebrarase no pavillón de deportes e nos locais de hostalería do municipio e dará comezo cunha demostración de cociña o xoves 17 ás 20.30 horas.

O Concello instalará un escenario para que Lucia Freitas cociñe en directo e prepare diferentes pratos con produtos locais e frescos do mar, explicando a todas as persoas que asistan os conceptos e valores dps produtos. A entrada a esta xornada será de balde ata completar aforo.

Así mesmo, o día 18 será o Tapeo do Mar nos locais de hastalería de Xove, no que se desfrutará dun tapeo especial no que os produtos do mar serán os protagonistas e que estarán asesorados pola chef.

Un xurado formado por persoas de diferentes eidos valorará as creacións e outorgará un premio ao local que ofreza a mellor tapa, tanto en presentación como en sabor.

A xornada dará comezo ás 20.00 horas, coa participación de sete establecementos Onde SempreO RefugioA FugaO Cabaliño do MarA RodaO Pepe e Centro Cívico.

0.11454200744629