As xornadas viaxeiras do GDR Lugo continuarán por Guntín o sábado

LugoXa
O proxecto Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía xa ten segunda data: o sábado 9 de setembro, en Guntín.
PRESENTACION RUTA GDR GUNTIN
4 sep 2023

O proxecto Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía xa ten segunda data na súa programación: o sábado 9 de setembro, en Guntín, unha xornada viaxeira que seguirá o mesmo esquema que a primeira de Friol: paseo guiado de 11h a 14h, picnic (haberá degustación de produtos locais) e música da comarca.

Este proxecto enmárcase nunha estratexia global do GDR-4, que xunto a Guido Álvarez Parga programan esta iniciativa que procurará poñer en valor as riquezas culturais, históricas, naturais, gastronómicas e artísticas de varios dos concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.

Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) é un turismólogo, profesor univeristario (na Uned Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios Lucenses do ano 2020, co Travelers Choice da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.

As inscricións da actividades son gratuítas, a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982 23 80 00.

0.17018604278564