As XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro serán os días 14 e 15 de novembro

LugoXa
As xornadas, que reúnen a expertos e gandeiros, serven como plataforma para presentar os últimos avances na investigación aplicada
XXI-Xornadas-Técnicas-de-Vacún-de-Leite-Lugo
4 Nov 2024

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, presentou as XXI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro coa colaboración un ano máis da Deputación de Lugo.

O lema desta edición é ‘Sempre cara adiante’. “Pensamos que define ben o motivo do nacemento e a consolidación deste evento”, destacou na presentación Víctor Manuel Manrique Arroyo, presidente de Seragro S. Coop. Galega, que estivo acompañado dos veterinarios organizadores Albino Iglesias e Martín López, e de Carlos López López, deputado da Área de Medio Ambiente.

Nesta vixésimo primeira edición, a institución provincial aumenta a súa colaboración, incrementando a achega económica a 15.000 euros para a celebración da cita, que terá lugar os días 14 e 15 de novembro na Facultade de Veterinaria.

Carlos López destacou a importancia deste encontro “que conta con máis de dúas décadas de historia, consolidándose como un referente para o estudo e a reflexión sobre o sector lácteo, grazas ao esforzo dos organizadores e participantes”.

Recordou o firme compromiso da Deputación co sector primario, manifestado a través de investimentos en proxectos significativos para o futuro da provincia, como os realizados na Granxa Gayoso Castro.

“Proxectos importantes como os que levamos a cabo na Granxa Gayoso Castro, ben sexa coa recría de Rubia Galega ou co Centro Experimental de Leite”, explicou.

Así mesmo, fixo mención o deputado de Medio Ambiente, en base ao compromiso da institución co sector gandeiro, da construción dunha nova granxa de Porco Celta na Finca Gayoso Castro, “unha iniciativa que xa ten consignación Orzamentaria para levala a cabo, aprobada no pasado Pleno, na que se vai investir máis dun millón de euros”.

As xornadas, que reúnen a expertos e gandeiros, serven como plataforma para presentar os últimos avances na investigación aplicada, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos profesionais, o benestar animal e a rendibilidade das explotacións.

Programa das xornadas

O programa das XXI Xornadas Técnicas de Seragro contará cun extenso e variado calendario de actividades e relatorios coa presenza de prestixiosos expertos do sector, tanto a nivel galego como internacional.

Entre os participantes destaca Francisco Peñagaricano, docente asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin- Madison.

Xoves, 14 de novembro

  • 10.30 horas: Inauguración 11:00 horas: Aplicacións prácticas dos coñecementos da epixenética en granxas de vacún leiteiro- Juan Francisco Sánchez Madueño, licenciado en Veterinaria Veterinario e cofundador de SamaVet
  • 11.30 horas: Probas xenómicas en vacún leiteiro: avances, desafíos e perspectivas- Francisco Peñagaricano, profesor asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas da Universidade de Wisconsin-Madison 12:30 horas: Evolución dos datos técnicos tras a implantación do xenotipado, experiencias en granxa- Francisco Peñagaricano, profesor asociado no Departamento de Ciencias Animais e Lácteas, Universidade de Wisconsin-Madison
  • 13.30 horas: Coloquio
  • 14.00 horas: Xantar
  • 16.00 horas: Con que sistema muxo as miñas vacas- Javier Liste, licenciado en Veterinaria. Máster en Asesoría e Xestión de Explotacións de Vacún de Leite 16:35 horas: Muxido traseiro- Manuel Sandá, gandaría SAR SL de Touro, A Coruña
  • 16.55 horas: Sala rotativa- Rubén Gómez, granxa A Esperanza San Sadurniño, A Coruña 17:15 h Batchmilking- Cristóbal Touriñán, ganadaría Pastora SC, de Muxía
  • 17.35 horas. Debate
  • 18.00 horas. Encontro gandeiro baixo o título: Liberdade e eficiencia para as túas vacas? con Lely o muxido é unha experiencia doutro nivel

Venres, 15 de novembro

  • 10.00 horas: Gandeir@ por un día-Quiara Pardiña, gandaría O Palomar Láncara
  • 10.30 horas: Ferramentas para a toma de decisións en explotacións leiteiras- Álex Bach, licenciado en Veterinaria, pola Universidade Autónoma de Barcelona Máster e Doutoramento en Produción Animal pola Universidade de Minnesota 11:00 horas: A tecnoloxía que nos transforma: monitorización da saúde da recría- Carolina Tejero, asesora en recría e técnica veterinaria MSD
  • 11.45 horas: Pausa do café
  • 12.15 horas: De gandeiro a experto en datos: maximizando o potencial dos robots na xestión da granxa- David García Torres, licenciado en Veterinaria pola Universidade Autónoma de Barcelona e Asesor de explotacións leiteiras
  • 12.45 horas: Saúde do ubre: das células á condutividade- Noelia Mourazos García, licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Calidade do Leite en Seragro SCG
  • 13.20 horas Coloquio
  • 16.00 horas: Mellorando a calidade do ensilado para acadar alta eficiencia da produción leiteira. Importancia da planificación e da xestión agronómica-Lluis Xanxo-Doria, enxañaría agrónomo Asesor agronómico-nutricional
  • 16.30 horas: Experiencia no primeiro ano: implantación e obxectivos Agrociocende SC-José Manuel Sánchez, agrociocende SC Boimorto, A Coruña
  • 16.50 horas: Manexo e resultados tras dez anos de cultivo-Laura Seoane, Ugasma SL, Boimorto, A Coruña
  • 17.40 horas: El éxito del Ganadero con G de Gefe- Sebastián Martín, doutor en Veterinaria Asesor e consultor independente en BOVIverso
  • 18.15 horas: Acto de clausura con brinde do leite

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18278002738953