Asociacións, alcaldes, veciños e deputados da Mariña piden oficializar o Camiño do Mar

TerraChaXa | LugoXa
A secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, anunciou en Foz, unha batería de incoativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo que recoñeza a ruta xacobea Camiño do Mar, e que sexa incluída na promoción do Xacobeo 2021.
as pontes9
3 Out 2020

A secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, anunciou en Foz, unha batería de incoativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo que recoñeza a ruta xacobea Camiño do Mar, e que sexa incluída na promoción do Xacobeo 2021. Fíxoo acompañada dos alcaldes e representantes da Comarca polas que discorre este trazado, así como do presidente da Asociación que impulsou este traxecto, Amigos do Camiño do Mar, e que presidide Manuel Vicente.

Otero reivindicou dende a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, punto de encontro desta Ruta, unha maior implicación da Xunta na promoción e na proxección deste trazado. “Este novo recoñecemento, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, contribuirá de xeito decisivo a impulsar o turismo nesta Comarca, que estivo tan afectada trala pandemia do COVID”, remarcou. Hai que lembrar que esta traxecto continua na provincia da Coruña, vía Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño e Narón ata Neda.

A Deputada Autonómica tamén sinalou que esta mesma semana, o Pleno da Deputación de Lugo, acordou por unanimidade de todos os grupos políticos, esta mesmo recoñecemento. “O turismo é un dos motores fundamentais desta comarca, por iso é necesario traballar conxuntamente dende todas as administracións públicas, para acadar este recoñecemento”, remarcou.

Nesa liña tamén lembrou “que fai máis dunha década, o 8 de abril de 2010, aprobouse  por unanimidade no Parlamento de Galicia unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que xa se lle reclamaba ao Goberno da Xunta de Galicia oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea. Tamén a Deputación de Lugo aprobou unha proposta por unanimidade o 26 de xullo de 2011, na que se lle solicitaba á Xunta que recoñecese como rutas xacobeas oficiais a do Camiño do Mar, na Mariña lucense, e o Camiño de Inverno, que pasa pola Ribeira Sacra”. “Dez anos despois, seguimos no mesmo punto, non  se fixo nada”, dixo.

Otero tamén puxo en valor “o traballo de divulgación que se impulsou dende o tecido asociativo da provincia lucense e tamén da Comarca, para recoñecer este trazado. Todos traballaron para seguir poñendo en valor a ruta do Mar. Un exemplo deste compromiso é a Asociación Amigos do Camiño do Mar, que preside Manuel Vicente, que tamén nos quixo acompañar neste acto, e que amosa o claro compromiso do Grupo Socialista con esta petición”.

Pola súa banda o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, afirmou que “todos os concellos polos que transcorre esta ruta na Mariña Lucense levan reclamando dende fai anos, este novo trazado. Todos estamos traballando nesa dirección. Pero agora é máis urxente que nunca, por mor do espacial impacto da Covid-19 na Mariña, xa que precisamos unha recuperación económica de todos os sectores produtivos, especialmente do turismo”, resumiu.

San Martiño de Mondoñedo

Nesta xuntanza, na Basilica de San Martiño de Mondoñedo, acompañaron a Patricia Otero, os alcaldes de Foz; Francisco Cajoto; o concelleiro de Turismo Foz, Chema Linares; o tenente de Alcalde de Viveiro, Jesús Díaz; o tentente de alcalde de Burela, Ramiro Fernández, a tenente de alcalde de Barreiros, María del Carmen Veiga; e a voceira socialista de Ribadeo, Marta Rey, ademais de Manuel Vicente.

0.24728202819824