Aspace Lugo celebrou o seu 30 aniversario cun acto en Lugo

LugoXa
Houbo así unha lectura do manifesto no se salientou a importancia de visibilizar os dereitos das persoas con discapacidade e a necesidade de apoios flexibles para garantir un envellecemento digno
30º-Aniversario-ASPACE-Lugo
4 Out 2024

Con motivo do Día Mundial da Parálise Cerebral, Aspace Lugo levou a cabo un acto no Hotel Torre de Núñez, que tivo como antesala os actos celebrados nas outras provincias galegas o mércores e no que celebrou o seu 30º aniversario. Houbo así unha lectura do manifesto no se salientou a importancia de visibilizar os dereitos das persoas con discapacidade e a
necesidade de apoios flexibles para garantir un envellecemento digno e autónomo baixo o paraugas da campaña galega que xira en torno ao envellecemento. Ademais, levouse a cabo a ponencia Ejercicio de Derechos de Lola Santana, abogada de la Federación e a proxección do vídeo oficial da campaña #EnvellecerDecidirVivir polo Día Mundial da Parálise Cerebral.

Reoñeceuse tamén no acto onde o apoio constante da Deputación de Lugo á entidade social.O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu da man da presidenta do colectivo lucense, María Fernanda Arrojo, este recoñecemento en nome da Deputación, destacando a colaboración continua e o compromiso co colectivo. López agradeceu a ASPACE esta distinción, sinalando que"a colaboración continua entre a Deputación e a entidade social é fundamental na defensa e promoción dos dereitos das persoas con parálise cerebral".

Ademais, eloxiou o labor de ASPACE Lugo durante estas tres décadas, subliñando que "é un deber moral e social apoiar iniciativas que melloran a calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidade". O compromiso da Deputación de Lugo con Aspace tradúcese en apoios como a achega anual que mantén co colectivo de 12.000 euros, destinados ao financiamento do Programa de Estimulación Multisensorial. Este programa inclúe actividades como sesións en piscina climatizada e fisioterapia, beneficiando a un total de 24 usuarios, entre os que se atopan principalmente nenos e persoas con grande dependencia.

“Estas actividades son fundamentais para mellorar a mobilidade e reducir a espasticidade dos participantes, contribuíndo así de xeito significativo á súa calidade de vida”, sinalou Carlos López. ASPACE Lugo leva 30 anos traballando pola inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral e as súas familias. O seu labor abrangue programas de atención directa, apoio psicosocial, e iniciativas que buscan mellorar a autonomía e integración das persoas con discapacidade.

 

 

 

Na mesma xornada, terá lugar unha homenaxe ás expresidentas de Aspace Lugo durante estes 30 anos e ás autoridades representantes das autoridades colaboradoras.

 

0.1972758769989