ASPNAIS celebrará en setembro a segunda edición da Holi Run solidaria en Lugo

LugoXa
A andaina e carreira solidaria incluirá música, animación e unha gran discoteca móbil ao remate do percorrido
Holi-Run-Aspnais-Lugo
6 Jul 2026

ASPNAIS organizará o vindeiro 12 de setembro a segunda edición da Holi Run, unha andaina e carreira solidaria que volverá converter as rúas de Lugo nunha cita marcada pola cor, a música e a participación cidadá.

A actividade dará comezo ás 18.30 horas con saída desde as instalacións da entidade, situadas na Rúa Santiago número 7, aínda que a apertura do evento está prevista para as 17.30 horas. O percorrido discorrerá por diferentes puntos da cidade, pasando por rúas como Cidade de Viveiro, Isaac Díaz Pardo, Recatelo, Ribadeo, Puro Cora, a avenida Doutor García Portela, o paseo Vila de Foz e a rúa Fray Plácido Rey Lemos, para finalizar na explanada de ASPNAIS.

Ao remate da proba, a organización ten prevista unha gran discoteca móbil e diferentes actividades sorpresa para os asistentes.

A participación realizarase mediante un donativo de 5 euros, que incluirá camiseta, pos de cores Holi e auga. As entradas poderán adquirirse nas instalacións de ASPNAIS e tamén no Bar Pasarela.

Desde a organización lembran que o aforo será limitado para esta iniciativa solidaria, que conta coa colaboración de diferentes entidades e institucións.

0.12482309341431