Aspnais e a Xunta de Galicia reforzan a súa colaboración na atención á discapacidade

LugoXa
Javier Arias reafirmou o apoio da Xunta á organización e destacou o “labor fundamental” na mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade
Reunion-Aspnais-Xunta
11 Apr 2025

O presidente de Aspnais, José Reigosa, mantivo unha reunión co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para tratar diversas iniciativas que a entidade ten en marcha.

A xuntanza serviu para repasar o traballo que realiza Aspnais no eido da inclusión social das persoas con discapacidade e na atención ás familias, facendo especial fincapé nos avances e proxectos que a asociación ten previsto desenvolver.

Durante o encontro, Javier Arias reafirmou o apoio da Xunta á organización e destacou o “labor fundamental” que realizan día a día na mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade e no apoio ás súas familias. En concreto, subliñou a importancia de iniciativas como as que está a levar a cabo Aspnais para promover a integración social e laboral das persoas discapacitadas.

Ademais, o delegado da Xunta aproveitou a ocasión para confirmar a súa asistencia á Festa da Familia, unha tradicional xornada de convivencia organizada por Aspnais que se celebrará nas súas instalacións o vindeiro 26 de abril. Este evento é unha oportunidade para fortalecer os lazos entre as familias e a entidade, promovendo a socialización e a sensibilización arredor da discapacidade.

Arias tamén lembrou que o Goberno galego mantén unha “estreita colaboración” co tecido social, destacando que “son precisamente as entidades sociais as que mellor coñecen as necesidades e prioridades do sector, e por iso estaremos sempre ao seu carón”. Neste sentido, reiterou o compromiso da Xunta para seguir apoiando o traballo das organizacións sociais que traballan en prol da inclusión e o benestar das persoas con discapacidade.

⚙ Configurar cookies
0.16225600242615