Ata o 31 de agosto hai visitas guiadas á lonxa de Burela, na que operan máis de 300 barcos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Aug 2019

O peirao burelés, xunto ao de Celeiro en Viveiro, é un dos máis importantes do Cantábrico e de Galicia. Aínda que as especies máis recoñecidas son o bonito do norte e a merluza do pincho, a Burela chegan 114 de diferentes peixes e mariscos.

Ata o 31 de agosto, calqueira veciño e visitante ten a oportunidade de coñecer en detalle o funcionamento da lonxa de Burela cunha visita guiada.

Máis de 300 buques de 55 peiraos operan en Burela.

A gran xestora do movemento é Absa que inicia as súas actividades como concesionaria da lonxa en abril de 1997 e naceu da unión dun grupo de armadores para profesionalizar a xestión das actividades pesqueiras. Vinte anos despois, a entidade e o peirao son unha das dársenas de referencia a nivel mesmo europeo e destaca como a segunda lonxa por volume de negocio en Galicia.

A lonxa de Burela presenta unha comercialización media de 95 toneladas diarias de peixe, superando en ocasións as 200 toneladas nunha soa xornada. O promedio de mercado é de 24.500 toneladas ao ano:

A merluza de pincho é o principal recurso de ABSA. Esta pesquería significa ao ano máis de 11.000 toneladas e 52 millóns de euros de volume de negocio. O 97% da merluza que comercializa ABSA é merluza de pincho, que se captura artesanalmente con anzó; o resto repártese entre merluza de volanta e pescadilla do día.

A subasta de bonito do norte mantén un promedio de 1.600 toneladas ao ano e 6,2 millóns de euros de volume de negocio.

As 109 especies restantes contribúen anualmente á subasta con 12.000 toneladas de productos pesqueiros xerando un volumen de negocio de 18,4 millóns de euros.

 

0.15674710273743