Auxilia Delegación Lugo organiza unha mesa redonda sobre accesibilidade na cidade

A Delegación de Lugo de Auxilia organiza unha mesa redonda o luns 27 de abril, entre as 17:30 e as 19:30 horas, no centro Uxío Novoneyra.
A charla, centrada na accesibilidade, é un encontro no que se abordará a situación actual, os desafíos que aínda quedan por diante e a importancia de avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva.
Desde a entidade, dedicada ao ámbito da discapacidade, pregúntase se se coñece realmente o que implica a lei de accesibilidade e como afecta ao día a día da cidadanía. Para dar resposta a estas cuestións, a iniciativa reunirá distintos profesionais nun espazo de reflexión e diálogo.
A actividade será de acceso libre para todo o público. Desde a organización subliñan que a accesibilidade é un dereito fundamental e inciden na necesidade de informarse, reflexionar e participar activamente no cambio social.