Auxilia Lugo organizará unha xornada para dar a coñecer a boccia da man da Fundación Breogán

A asociación Auxilia Lugo organizará o vindeiro luns, 20 de xullo, unha xornada de iniciación á boccia, un deporte inclusivo e adaptado, coa colaboración da Fundación Breogán.
A actividade desenvolverase entre as 16.30 e as 18.00 horas no ximnasio da Casa Clara Campoamor, onde os asistentes poderán coñecer de primeira man en que consiste esta disciplina deportiva, caracterizada por ser accesible para persoas con diferentes capacidades.
Durante a sesión, membros da Fundación Breogán explicarán as regras básicas da boccia e ofrecerán unha aproximación práctica a este deporte, promovendo valores como a inclusión, a participación e a igualdade de oportunidades.
A xornada concluirá cunha pequena merenda para os participantes.
As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 679 191 801 ou enviando un correo electrónico a lugo@auxilia.es.