Auxilia Lugo organizou unha xornada de convivencia na natureza con visitas a Avifauna, Terra Nublar e Marcelle

LugoXa
A excursión, financiada pola Deputación de Lugo, permitiu aos usuarios da entidade gozar dun día de ocio e descubrir diferentes especies animais
excursión-Auxilia-a-Terra-Nublar
22 Oct 2026

Auxilia Lugo celebrou o pasado domingo 18 unha excursión que combinou natureza, ocio e convivencia con visitas a distintos espazos da provincia.

A xornada comezou en Avifauna, onde os participantes puideron coñecer a variedade de especies de aves que alberga este centro. A continuación, desprazáronse ata Terra Nublar para vivir unha aventura ambientada no mundo xurásico.

Despois da visita, o grupo compartiu un xantar no restaurante La Finca antes de continuar a ruta cara a Marcelle. Alí tiveron a oportunidade de observar diferentes animais, entre eles osos pardos, e coñecer outras especies.

A actividade foi posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Tanto a xunta directiva de Auxilia Lugo, coa súa delegada, Nuria Neira, á fronte, como os usuarios participantes agradeceron o apoio da institución provincial, que lles permitiu desfrutar dunha xornada de convivencia e lecer.

0.1519341468811