Avanzan as obras de mellora na Avenida de Madrid de Lugo impulsadas pola Tenencia de Alcaldía

LugoXa
O Concello continúa co bacheo tras renovar a sinalización horizontal e reclama maior implicación do Goberno central no mantemento das infraestruturas
melloras-Avenida-de-Madrid-Lugo
27 May 2025

Continúan os traballos de mellora da vía da Avenida de Madrid de Lugo postos en marcha pola Tenencia de Alcaldía. Nos últimos días, renovouse a sinalización horizontal da rúa, e actualmente os traballos continúan co bacheo da zona inferior da rúa.

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, afirmou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos traballando para mellorar os espazos públicos, planificando os traballos en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza", e reclamou ao Goberno do Estado "que se implique á hora de mellorar os espazos públicos de Lugo".

Penas afirmou que Lugo conta con dúas infraestruturas "que demostran o estado de abandono no que deixan a Lugo", como son a rotonda do final da Avenida de Madrid e a unión da N-VI coa avenida de Breogán e a Estrada de Santiago.

Así, a Tenencia de Alcaldía planifica a realización destas intervencións nos meses de verán, aproveitando as condicións climáticas favorables desta época do ano, xa que o bo tempo é esencial para garantir a calidade do asfaltado, garantindo que a solución aplicada dure o máximo tempo posible en bo estado.

⚙ Configurar cookies
0.18060994148254