Avanzan nos traballos para a posta en valor da Vía Küning

LugoXa
Lara Méndez e os alcaldes dos concellos da Vía Küning avanzan nos traballos para o seu recoñecemento e posta en valor.
lara mendez reunion as nogais
25 May 2021

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reuniuse no día de onte co resto dos alcaldes e representantes municipais dos concellos polos que transcorre a Vía Küning (As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo) para avanzar nas melloras deste camiño de peregrinaxe co fin de poñer en valor esta ruta. 

Neste encontro déronse novos pasos segundo o marcado polo convenio asinado o pasado ano co fin de acadar unha maior proxección deste itinerario, unha variante medieval do Camiño Francés ao seu paso pola provincia, que aspira a ser recoñecido oficialmente como roteiro xacobeo. 

Na reunión, celebrada no concello de As Nogais, acordouse nomear como presidente da  comisión de seguimento deste convenio ao alcalde de As Nogais, Jesús Núñez, e ao historiador e director do proxecto, Javier Gómez Vila, como director técnico do mesmo. 

A través deste convenio impulsaranse actuacións especialmente importantes para a posta en valor desta vía, como a creación da cartografía dos traxectos. Tamén se acometerá a limpeza dos mesmos e reforzarase a súa promoción.  

A alcaldesa de Lugo lembrou que “esta colaboración será o eixo coordinador de todas as  iniciativas en torno a Vía Künig, pero servirá, ademais, para fomentar o seu estudo e  investigación co fin de avanzar na recuperación deste itinerario xa que a riqueza natural,  cultural e patrimonial que posúe será un revulsivo económico para todos os concellos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19677686691284