Baleira acolle unha xornada do festival Cultura no Camiño

LugoXa
O Concello de Baleira acolle unha nova edición do festival Cultura no Camiño con maxia, espectáculo circense e música
Cultura no Camiño Baleira
10 Xul 2022

O Concello de Baleira vén de publicar o cartel da xornada de Cultura no Camiño que desenvolve xunto a outros axentes culturais e institucionais. Así, o vindeiro domingo 17 de xullo, dende as 17 horas, a praza do Concello de Baleira arrancará unha xornada cultural con maxia a cargo de Fran Boza. Seguirao o espectáculo circense de Desastronauts, dende as 18 horas. Para rematar a xornada, Carapaus porá a nota musical da xornada dende as 20.30 horas na Casa da Cultura.

0.10009098052979