Baleira celebra a 28ª festa homenaxe aos xubilados

Baleira acollerá o sábado 20 de xuño de 2026 a 28ª Festa Homenaxe aos Xubilados, unha xornada de convivencia e recoñecemento organizada para poñer en valor o papel das persoas maiores do municipio.
O programa dará comezo ás 13:00 horas cunha misa no pavillón municipal, tras a cal terá lugar o xantar de confraternidade. Xa pola tarde, a celebración continuará cunha actuación musical e baile a cargo de Duocarlos y Javi, que animarán o encontro ata o final da xornada.