Baralla acolle o Trail Via Künig
O Vía Künig é unha carreira que trancurre parcialmente por a variante do camiño francés Vía Künig, un recorrido por montaña e sendeiros que contará con tres modalidades diferentes de participación. Estas modalidades son VKT33 que conta con 33km de recorrido e 900 metros de desnivel, VTK20 con 20km de recorridos e 580 metros de desnivel e VTK10 con 10km de recorrido e 300 metros de desnivel.
Poderán participar todas as persoas maiores de 18, de calquer sexo ou nacionalidade e tamén os menores de idade que aporten autorización de un titor legal. As inscrición permanecerán abertas ata o 7 de setembro e terán un custo variable dependendo da distancia e da fecha de inscrición.
O evento contará cunha andaina de 10km e 300 metros de desnivel e con tres carreiras para nenos nados entre o 2008 e o 2016 para que todo o mundo poda participar e desfrutar da beleza natural de este entorno. As carreiras para nenos van dende os 800 metros ata os 2km dependendo da idade e transcorrerán polo casco urbano sen desnivel.
Os dorsais pódense retirar o día anterior a proba e o mesmo día ata quince minutos antes da saída. O rematar haberá entrega de premios e unha comida para todos os participantes