Baralla celebra as festas do San Vitorio
As festas comezan o día 20 con una romaría campestre ás berras do Rio Neira, na Area recreativa de Baralla e contará coas actuacións da Charanga CDV, Band, Ana Crisina, Suso Botana, DDC e unha disco móbil.
As festas continuarán o día 26 con una exhibición de fogos de artificio ás 22.00 e verbena ás 23.00 amenizada polo grupo Beatriz e orquestra Furia Joven.
O día 27 celebrarase unha misa e procesión ás 13.00 para continuar con un concerto ás 14.00 no Parque de Igrexa a cargo de Airiños do Neira de Baralla. Pola tarde haberá un espectáculo de maxia co Mago Deimi ás 18.00 e un pasarrúas coa charanga Fuego Express Band ás 19.00. Para finalizar o día ás 22.00 comezará a verbena amenizada polas orquestras Royal, Espectáculo e Capitol.
O día 28 comeza o día con unha misa e procesión ás 13.00 para continuar con un concerto ás 14.00 no Parque de Igrexa a cargo de Airiños do Neira de Baralla. Pola tarde actuará ás 28.00 na praza Maior Jano Costas con un espectáculo de malabares e pallaso. Ás 19.00 un pasarrúas a cargo de Louband. Para finalizar as festas ás 22.00 haberá verbena coa actuación das orquestras Punto Clave e Panorama.