Baralla celebra o 6 de xullo a XVI Festa do Río con música, gastronomía e tradición

LugoXa
A xornada festiva comezará ás 13:00 horas coa actuación das Escolas de Airiños do Neira
Festa-do-Rio-Baralla
23 Jun 2025

O vindeiro domingo 6 de xullo, Baralla acollerá unha nova edición da Festa do Río, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Neira, que alcanza este ano a súa décimo sexta edición.

A xornada festiva comezará ás 13:00 horas coa actuación das Escolas de Airiños do Neira, seguida do tradicional Xantar Popular ás 14:30 horas, no que se servirá un menú composto por empanada, xamón cocido, churrasco mixto, sobremesa e café de pota.

Os prezos do xantar son de 28 euros para socios, 35 euros para non socios, 25 euros para alumnos maiores de 12 anos, 10 euros para menores de 12 anos que sexan alumnos e 14 euros para nenos menores de 12 anos. Para participar, é necesario anotarse antes do xoves 3 de xullo, contactando con Guille (626 290 324) ou Rebeca (616 254 031).

A festa estará amenizada polas actuacións musicais de Javi y Delfo e Tradigalu, e ás 17:00 horas será a quenda do grupo Os Picurruchos. Ademais, realizarase un sorteo de agasallos doados polos comercios locais de Baralla.

A cita conta co apoio do Concello de Baralla e da Deputación de Lugo, a través da súa área de Cultura.

⚙ Configurar cookies
0.17843389511108