Baralla celebrará o Entroido 2026 cun desfile, concurso de disfraces e premios en metálico

O Concello de Baralla e Airiños do Neira Baralla organizan o Entroido 2026 o vindeiro domingo, 15 de febreiro, cunha xornada festiva que combinará desfile, concurso de disfraces e actividades abertas á veciñanza. A programación arrancará ás 17:30 horas coa saída do desfile desde a praza, que percorrerá as rúas da localidade ata chegar ao pavillón municipal.
Un dos pratos fortes da celebración será o concurso de disfraces, no que se poderá participar inscribíndose directamente na praza antes do inicio do desfile. Establécense diferentes categorías con premios económicos para comparsas, parellas e participantes individuais.
Na modalidade de comparsas repartiranse premios de 250 euros para o primeiro posto, 150 euros para o segundo, 100 euros para o terceiro e 50 euros para o cuarto. No apartado de parellas, o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 50 euros, mentres que na categoría individual o gañador recibirá un premio de 50 euros.
A xornada completarase coa entrega de premios e agasallos, así como cunha chocolatada con churros e o desfrute dunha colchoneta gratuíta, pensada especialmente para o público infantil.